Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 17 de outubro de 2018 Páx. 46145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 27 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican os requirimentos da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Tentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da xefatura territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa García Barbón, núm. 51 , 3ª planta, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntar os documentos que lle son requiridos no mencionado prazo, terase por desistido da súa petición.

Pontevedra, 27 de setembro de 2018

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº expediente

Interesados

DNI/NIE/PAS

Enderezo

15116

Faber Junior, Charles

FJ644999

Avda. Buenos Aires, 37, 1º B, 36400 O Porriño

15416

Franco González, María Lourdes

M362486

Lg. Portodabalde, 12 (Parada), 36544, Silleda

15732

Kucukyavuz Conforme, Yusuf Omer

Y6255166P

Lg. Noceda de Abaixo, 20, 36512 Lalín

15906

Corea –, Aracelly del Carmen

C02349972

Rúa Romil, 15, 4º esq., 36202 Vigo

15977

Páez Rodríguez, Lidia Marina

070958146

Subida Monte Castelo, 14, baixo, Camos, Lama, 36360 Nigrán

16197

Salazar Andrade, Karen Adriana

Y6327238K

Rúa Peregrina, 22, 5º, 36001 Pontevedra

16572

Díaz Teran, Allinson Carolina

103952437

Praza Constitución, 16, 36600, Vilagarcía de Arousa