Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2018 Páx. 45972

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DOI 856/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 856/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Lourdes González Tarrío contra Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L. e Campiñas de Laíño, S.A., foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di:

«Estímase a demanda formulada por María Lourdes González contra Refojo y González, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Hipescar, S.L., Juan Manuel Capella Pérez, administrador concursal de Campiñas de Laíño, S.A., e María José Lorenzo Gómez, administradora concursal de Refojo y González, S.L., o Fogasa, e declaro a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza, condenando as mercantís demandadas Refojo y González, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Hipescar, S.L. a aboaren solidariamente á demandante a suma de 35.477,34 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual ata a data da presente resolución; e a suma de 15.844 euros en concepto de salarios deixados de percibir desde a data de efectos do despedimento ata a data de extinción da relación laboral na presente resolución, sen prexuízo dos descontos que, se for o caso, procederen respecto da devandita suma en fase de execución de sentenza, en relación coas prestacións por desemprego ou pola colocación do demandante durante o devandito período de salarios de tramitación en función do salario que estea a percibir no seu novo emprego; e condenando, así mesmo, os administradores concursais demandados a pasaren polas devanditas declaracións e condenas na súa condición de tales administradores concursais.

Todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, sendo suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto, decreto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza