Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2018 Páx. 45971

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 558/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 558/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Ángeles Fuentes Ríos contra Nuova Omsa España, S.A. e Sara Lee D.E. España, S.A., se ditou sentenza cuxa parte dispositiva se achega:

«Desestímase a demanda interposta por Ángela Fuentes Riso contra Nuova Omsa España, S.A., contra Sara Lee D.E. España, S.A., e en consecuencia, debo declarar procedente o despedimento obxectivo efectuado pola demandada e absolvela das pretensións contra ela deducidas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sara Lee D.E. España, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto, decreto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza