Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2018 Páx. 45960

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (286/2015).

Eu, Carlota Fernández Ambrós, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 da Coruña, dou fe e certifico:

Que se ditou sentenza do 3 novembro de 2016 no xuízo ordinario 286/2015, seguido por instancia de comunidade de propietarios r/ Coronel Cerviño Núñez, nº 2, da Coruña, contra Estudios Inmobiliarios Coruña, S.L. e outros.

Da devandita sentenza os interesados poderán ter coñecemento íntegro na secretaría deste xulgado. A resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación que se deberá interpor ante este xulgado no prazo de vinte (20) días, contados a partir desta publicación.

E como consecuencia do ignorado paradoiro do codemandado Estudios Inmobiliarios Coruña, S.L. e para que sirva de notificación en forma por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de decembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza