Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2018 Páx. 45961

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (1142/2015).

Eu, Mónica Rubia López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, fago saber que neste órgano xudicial se seguen autos de procedemento ordinario 1142/2015, seguidos por instancia de Galicia Vella de Inversiones y Logísticas, S.L. contra Lolita Events, S.L., foi ditada sentenza no 30 de novembro de 2016. Encontrándose a devandita demandada Lolita Events, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para que lle sirva de notificación en forma, indicando que o interesado se poderá dirixir a esta oficina do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, a fin de ter coñecemento íntegro do acto, facéndolle saber que contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial no prazo de vinte días hábiles.

A Coruña, 19 de outubro de 2017

A letrada da Administración de xustiza