Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 16 de outubro de 2018 Páx. 45958

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1456/2018-PM).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 1456/2018 PM

Xulgado de orixe/autos: despedimento obxectivo individual 829/2016 Xulgado do Social número 3 de Vigo

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso suplicación 1456/2018 desta sección, seguido por instancia de Eulen, S.A. contra a empresa Limpiezas O Diluvio, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que, desestimando os recursos de suplicación interpostos pola representación letrada da mercantil Eulen, S.A., contra a sentenza do 28 de novembro de 2017, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, nos presentes autos núm. 829/2016, seguidos por instancia dos traballadores Pilar Alonso Méndez, María del Carmen Oliveira Ben, Lino Ogando Cordo e Juan Manuel Figueroa Lago, sobre reclamación por despedimento, confirmamos integramente a resolución impugnada, con imposición á dita empresa recorrente das custas causadas polo seu recurso, que incluirán a cantidade de 600 euros (seiscentos euros) en concepto de honorarios do letrado dos traballadores demandantes, impugnante do recurso. E déase o destino legal aos depósitos constituídos para recorrer.

Notifíquese a presente resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Limpiezas O Diluvio, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza