Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45825

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (167/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 167/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Rodríguez López contra Servimar Innova, S.L., Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2018

Parte dispositiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza nº 522/2017 de data 21.11.2017 ditada no procedemento ordinario 689/2015 a favor da parte executante, Juan Carlos Rodríguez López, fronte a Servimar Innova, S.L., Fogasa, parte executada, por importe de 2.234,86 euros en concepto de principal (1.822,85 euros en concepto de salario e liquidación por cesamento, 412,01 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 223,48 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan percibir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza

A letrada da Administración de xustiza».

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2018

Parte dispositiva

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Servimar Innova, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Juan Carlos Rodríguez López e ao Fondo de Garantía Salarial, por termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado se acordará o procedente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servimar Innova, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza