Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45827

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 399/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 399/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Ángela Ciupea contra Juan Francisco Vidal Lojo, se ditou a seguinte sentenza cuxa parte dispositiva se achega:

«Que considerando integramente a demanda interposta por Ángela Ciupea contra Juan Francisco Vidal Lojo, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da demandante efectuado polo demandado con efectos do 18 de abril de 2018, e debo condenar e condeno a Juan Francisco Vidal Lojo a que opte entre readmitir inmediatamente a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza a razón de 44,17 euros diarios, ou ben, por elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante dunha indemnización de 485,89 euros por despedimento improcedente.

A opción polo empresario entre a readmisión da traballadora e a indemnización por despedimento improcedente deberá exercitarse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non ten lugar á súa condena nesta instancia, debendo aterse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Juan Francisco Vidal Lojo, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto, decreto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza