Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45819

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (217/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 217/2016 por instancia de María Consuelo García Cancela contra a empresa José Gómez Taboada, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 10 de xullo de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución:

Estímase a demanda formulada por María Consuelo García Cancela fronte á empresa José Gómez Taboada e, en consecuencia, condénase a empresa José Gómez Taboada a aboar á demandante a cantidade de catro mil douscentos dezaseis euros con noventa e tres céntimos de euro (4.216,93 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa José Gómez Taboada expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 21 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza