Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45820

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (667/2015).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 667/2015 por instancia de Óscar Albores Suárez contra a empresa Servicios y Obras Tanamey, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales foi ditada sentenza no 11.9.2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido

Desestimar a demanda interposta por Óscar Albores Suárez contra a empresa Servicios y Obras Tanamey, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sen que sexa procedente realizar os pronunciamentos de condena solicitados.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, sendo suficiente para isto a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Servicios y Obras Tanamey, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 21 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza