Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45821

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de aclaración de sentenza (239/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 239/2016 por instancia de José Manuel Díaz Cerdeira contra a empresa Reyes y Gago, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales foi ditado o auto de aclaración de sentenza do 18.9.2018 que, copiado nos particulares necesarios, di así:

«Parte dispositiva.

S.S ª acorda que é procedente a aclaración solicitada e, en consecuencia, o encabezamento, antecedente de feito primeiro, feito probado primeiro e parte dispositiva da sentenza quedarán do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 17 de xullo de 2018.

Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 239/2016, nos cales figura como parte, dun lado, como demandante, José Manuel Díaz Cerdeira, asistido polo letrado Sr. Nion Cancela, e, doutro, como demandada, a empresa Reyes y Gago, S.L., que non comparece, con intervención do Fogasa, que igualmente deixa de comparecer, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

Antecedentes de feito.

Primeiro: José Manuel Díaz Cerdeira presentou no 11 de marzo de 2016 ante o xulgado decano demanda que foi repartida a este xulgado o 14 de marzo do mesmo ano, na cal, despois de expor os feitos e fundamentos que estimou pertinentes, terminaba suplicando que se ditase sentenza condenando a demandada ao aboamento da cantidade de 4.352,53 euros.

Feitos probados.

Primeiro: José Manuel Díaz Cerdeira prestou servizos para a empresa Reyes y Gago, S.L. do 28 de agosto de 2015 ao 28 de novembro de 2015 en virtude de contrato eventual por circunstancias da produción, como camareiro, percibindo un salario mensual bruto de 1.323,76 euros, con inclusión da parte proporcional das pagas extraordinarias.

Decido.

Estimar a demanda formulada por José Manuel Díaz Cerdeira contra a empresa Reyes y Gago, S. L. e, en consecuencia, condeno a empresa Reyes y Gago, S. L. a aboar ao demandante a cantidade de catro mil trescentos cincuenta e dous euros con cincuenta e tres céntimos de euro (4.352,53 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal basta a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta neste xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Reyes y Gago, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 21 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza