Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45817

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 590/2016).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 590/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antía Vázquez Parra contra a empresa Vilariño Enxebre, S.L. e coa intervención de Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezado e parte dispositiva se xuntan:

Sentenza

Na Coruña o vinte e un de setembro de dous mil dezaoito.

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 590/2016 en que son parte, dun lado como demandante Antía Vázquez Parra con DNI 54128054S, asistida polo letrado José Paramo Sureda, e como demandado Vilariño Enxebre, S.L., que non comparece malia estar citado en legal forma, e coa intervención de Fogasa, que non comparece malia estar citado en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Decido que, estimando a demanda interposta pola demandante Antía Vázquez Parra, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Vilariño Enxebre, S.L. a que aboe á demandante a cantidade de 2.224,90 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Vilariño Enxebre, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza