Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45815

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (DSP 515/2017).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 515/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Martín Rama Cancela contra a empresa Douglas Fernando Ferreira Machado e coa intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezado e parte dispositiva se xuntan:

«Sentenza.

A Coruña, 21 de febreiro de 2018

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 515/2017 en que son parte, dun lado como demandante Martín Rama Cancela con DNI 49346006P, asistido polo letrado José Nogueira Esmorís, e como demandado Douglas Fernando Ferreira Machado, que non comparece malia estar citado en legal forma, e coa intervención do Fogasa, que non comparece malia estar citado en legal forma, sobre despedimento, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

Decido que, estimando a demanda interposta por Martín Rama Cancela, con citación do Fogasa, contra a empresa Douglas Fernando Ferreira Machado, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante, condenando a demandada a que, no prazo de cinco días desde a data da notificación da sentenza, opte entre a readmisión inmediata do demandante, nas mesmas condicións que posuía con anterioridade, ou o aboamento dunha indemnización de 1.782,74 euros. No caso de que opte pola readmisión, o traballador terá dereito aos salarios de tramitación, que ascenden 30,87 euros/día.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que debe anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Douglas Fernando Ferreira Machado, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza