Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45831

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 46/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 46/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Bello Ribadas contra Novas Gráficas Sociedade Cooperativa Galega e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza nº 428/2018

En Santiago de Compostela o 21 de setembro de 2018.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de reclamación de anticipos laborais debidos por un socio a proba dunha cooperativa de traballo asociado) baixo o número 46/2017, nas que é parte demandante Antonio Bello Ribadas, asistida pola letrada Sra. Quintela Pais, e son partes co-demandadas a entidade Novas Gráficas Sociedades Cooperativa Galega, que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén en diante Fogasa), que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso), en nome do rei dito a presente con base nos seguintes

Decido

Que debo estimar e estimo integramente a demanda presentada por Antonio Bello Ribadas, asistido pola letrada Sra. Quintela Pais, fronte á entidade Novas Gráficas Sociedade Cooperativa Galega, e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa), e, en consecuencia, debo declarar e declaro que a baixa como socio traballador a proba do agora demandante na sociedade cooperativa agora demandada, con data do 24 de novembro de 2016, foino por decisión unilateral desta entidade, así como debo condenar e condeno a entidade Novas Gráficas Sociedade Cooperativa Galega agora demandada a aboar a favor do socio traballador a proba agora demandante a cantidade de 2.981,16 euros (ex todos os anticipos sociais mensuais brutos percibidos dende o día 29.7.2016 ata o día 24.11.2016) + a cantidade que resulte e se calcule en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de interese legal percibido por demora no pagamento do salario sobre a cantidade de principal que ten na súa totalidade a condición de cantidade salarial ex artigos 26 e 29.3, ambos os dous do Estatuto dos traballadores.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade que puidese corresponder legalmente ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que esta é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación, a presentar no prazo de cinco días hábiles contado desde o seguinte ao de notificación da presente, logo de consignación do depósito legalmente previsto para recorrer na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, todo iso de acordo co disposto no artigo 191.2.g) da nosa Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, jueza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza substituta».

E para que sirva de notificación en legal forma a Novas Gráficas Sociedade Cooperativa Galega, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza