Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45833

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 335/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 335/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia Silvia Fernández Pérez contra Turmens Logística Urgente, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza nº 407/2018

En Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2018.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de reclamación de cantidades salariais) baixo o número 335/2017, nas que é parte demandante Silvia Fernández García, asistida polo letrado Sr. Blanco Lobeiras, e son partes codemandadas a empresa Turmens Logística Urgente, S.L., que non comparece ao acto de xuízo, a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que non comparece ao acto de xuízo, a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, en nome do rei, dito a presente con base nos seguintes

Decisión

Que debo estimar integramente e estimo integramente a demanda presentada por Silvia Fernández García, asistida polo letrado Sr. Blanco Lobeiras, fronte á empresa Turmens Logística Urgente, S.L. e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa), e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada Turmens Logística Urgente, S.L. a aboar a favor da traballadora demandante a cantidade de 2.063,74 euros (en concepto de cantidades percibidas e non aboadas e que son: 19 días nóminas, decembro 2016, 23 días nómina, xaneiro 2017, p.p. extras de xuño, Nadal e de beneficios do ano 2016, p.p. extras de xuño, Nadal e beneficios do ano 2017 así como p.p. vacacións) + a cantidade que resulte e se calcule en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de xuro legal percibido por demora no pagamento do salario sobre toda cantidade de condena principal que teña a condición de cantidade salarial ex artigos 26 e 29.3, ambos os dous do Estatuto dos traballadores.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade que puidese corresponder legalmente ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que esta é firme e contra ela non cabe interpoñer recurso ordinario ningún, á vista da contía do presente proceso ex artigo 191.2.g) da nosa Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, o pronuncio, mando e asino.

A xuíza substituta».

E para que sirva de notificación en legal forma a Turmens Logística Urgente, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza