Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 15 de outubro de 2018 Páx. 45835

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio de expediente administrativo sobre exclusión da bolsa de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o acordo de inicio de expediente administrativo sobre exclusión das bolsas de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza, ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

No citado acordo dáselles audiencia ás persoas interesadas para alegacións polo prazo de dez (10) días, contados a partir da publicación deste anuncio, durante o cal poderán achegar a documentación e propor as probas que ao seu dereito conveñan.

Os expedientes relacionados están á disposición das persoas interesadas para que, de ser o caso, poidan consultalos no Servizo de Xustiza, sito na rúa Concepción Arenal, nº 8, 4º andar, 36201 Vigo.

Vigo, 21 de setembro de 2018

Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/a

DNI

Corpo

Mª Vanesa Campos Bastos

***6966

Tramitación procesual e administrativa

Gemma Mate del Tío

***5766

Tramitación procesual e administrativa

Miguel Ángel Morgado Migueles

***4505

Tramitación procesual e administrativa

Ana Ruíz Martín

***2270

Tramitación procesual e administrativa

Mª Pía Salgueiro Cervera

***3771

Tramitación procesual e administrativa

Natalia Santos Seara

***5486

Tramitación procesual e administrativa

Sandra Vera Rodríguez

***3794

Tramitación procesual e administrativa