Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45469

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Caldas de Reis (expediente IN407A 2018/400-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: soterramento LMT TIB 801-802-803 e CT Pinal Xandeiro.

Situación: Caldas de Reis.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ en catro actuacións:

– Actuación 1 e 2, TIB 801: 1.009 metros; orixe: apoio proxectado (AP) C-9000/14; final: arqueta existente na LMTS TIB 801, facendo entrada e saída no CT proxectado Pinal Xandeiro.

– Actuación 3, TIB 802: 785 metros; orixe: AP C-9000/14; final: arqueta existente na LMTS TIB 802.

– Actuación 4, TIB 803: 785 metros; orixe: AP C-9000/14; final: arqueta existente na LMTS TIB 803.

Centro de transformación Pinal Xandeiro, en caseta prefabricada, a 250 kVA con RT 20 kV/400 V. Tendido de 193 metros de condutor LA-110 entre o apoio 6 da LMTA TIB 801 e o AP C-9000/14.

A instalación está situada en Caldas de Reis.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 13 de setembro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Caldas de Reis; paraxe: Rociña; titular: descoñecido; afección: 1,62 m2 para o apoio 1.

Predio 2. Municipio: Caldas de Reis; paraxe: Pinar do Gandeiro; titular: Rosa Piñeiro de la Cruz; afección: 16,81 m2 para o centro de transformación e 6,15 m2 para 2,5 metros de liña subterránea.