Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Mércores, 10 de outubro de 2018 Páx. 45471

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 25 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 58, 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de tentada a notificación persoal, emprázanse as persoas interesadas identificadas no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acordo obxecto de notificación ditouno a xefa territorial de Ourense.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres.

A citada xefatura territorial ten a súa sede en Ourense, rúa Concello, número 11, 4º andar.

Transcorrido o dito prazo sen que se produza a comparecencia, a notificación entenderase efectuada a partir do día seguinte ao último día do prazo fixado.

Ourense, 25 de setembro de 2018

Mª Luz Fernández Quintas
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Persoas interesadas:

– María Paz Cid Rodríguez.

Asunto: reintegro por abonos indebidos.

Acto notificado: resolución de reintegro por abonos indebidos.