Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2018 Páx. 45377

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monterroso

ANUNCIO de notificación en procedemento infrutuoso relativo á xestión de biomasa.

Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables á Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión de biomasa.

Expediente

Titular

Polígono

Parcela

Localización

483/2018

José Raúl Castells Rodríguez

613

79

Monterroso

485/2018

Herdeiros Caridad Rojo Ferreiro

538

47

Monterroso

De conformidade co establecido no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais, os titulares das parcelas detalladas dispoñen dun prazo máximo de quince días naturais para procederen á xestión de biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas.

Monterroso, 17 de setembro de 2018

Miguel Rico Gómez
Alcalde