Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2018 Páx. 45376

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boqueixón

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotacións para turismo enolóxico en Pousada-Boqueixón.

No Pleno ordinario realizado o día 12 de setembro de 2018 adoptouse o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotacións para turismo enolóxico en Pousada-Boqueixón.

Segundo. Remitir ao Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado para a súa inscrición.

Terceiro. Unha vez inscrito no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, publicar no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

Contra este acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, dentro do prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación do presente acordo, e de conformidade co establecido no artigo 46.4 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Boqueixón, 25 de setembro de 2018

Manuel Fernández Munín
Alcalde