Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2018 Páx. 45295

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO do recurso de apelación (482/2016).

Eu, Ana Belén Jorge Rogel, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá se ditou sentenza, con data do 31 de marzo de 2017, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Peza: RPL recurso de apelación (LACN) 482/2016

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 10 da Coruña

Procedemento de orixe: modificación de medidas suposto contencioso 113/2016

Recorrente: Alejandro Lema Figueiras

Procuradora: María Dolores Neira López

Avogado: Daniel Ángel Paz Piñeiro

Recorrido: Ministerio Fiscal

Sentenza 107/2017

Maxistrados: Manuel Conde Núñez, Julio Tasende Calvo e Carlos Fuentes Candelas

A Coruña, 31 de marzo de 2017

No recurso de apelación civil número 482/2016, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 10 da Coruña, en xuízo de modificación de medidas número 113/2016, seguido entre partes, como apelante Alejandro Lema Figueiras, representado pola procuradora sra. Neira López; como apelado Ministerio Fiscal; como parte declarada en rebeldía Rosa María Bermúdez Santamaría. Foi relator Manuel Conde Núñez.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos)

Resolución:

Que, desestimando o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Alejandro Lema Figueiras contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 10 da Coruña, ditada nos autos de modificación de medidas número 113/2016, debemos confirmar e confirmamos en todos os seus aspectos a referida resolución, con imposición das custas de alzada á parte apelante.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de notificar ás partes declaradas en rebeldía María Bermúdez Santamaría, expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de setembro de 2018

A letrada de Administración de xustiza