Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2018 Páx. 45297

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (RPL 370/2017).

Eu, Ana Belén Jorge Rogel, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá se ditou sentenza, con data do 21 de febreiro de 2018, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 57/2018

Peza: RPL recurso de apelación (LACN) 370/2017

Xulgado de procedencia: Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol

Procedemento de orixe: modificación de medidas suposto contencioso 674/2016

A Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña pronunciou, en nome do rei, a seguinte

Sentenza nº 57/2018

Maxistrados:

Manuel Conde Núñez

Julio Tasende Calvo

Carlos Fuentes Candelas

A Coruña, 21 de febreiro de 2018.

No recurso de apelación civil número 370/2017, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, en xuízo de modificación de medidas núm. 674/16, seguido entre partes, como apelante Yolanda Quintana Cabaleiros, representada polo/a procurador/a Sr/a. Sanzo Ferreiro; como parte declarada en rebeldía: Francisco Fuentes Fernández e Ministerio Fiscal. Foi relator Manuel Conde Núñez.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Resolución:

Que, desestimando o recurso de apelación interposto pola representación procesual de Yolanda Quintana Cabaleiros contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, ditada nos autos de modificación de medidas núm. 674/16, debemos confirmar e confirmamos en todos os seus aspectos a referida resolución, con imposición das custas de alzada á parte apelante.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de notificar ás partes declaradas en rebeldía Francisco Fuentes Fernández, expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza