Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2018 Páx. 45293

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1642/2018).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 1642/2018 desta sección, seguido por instancia da aseguradora Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61 contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a entidade Claro Sol Cleaning, S.L.U., Marianela Leal Fraga sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos

Que con estimación do recurso que foi interposto pola Mutua Fremap, revogamos a sentenza que con data 4.10.2017 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 1 dos da Coruña, e desestimamos a demanda presentada por Marianela Leal Fraga, absolvendo a parte demandada de todos os pedimentos.

Modo de impugnacion: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se ha de preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Claro Sol Cleaning, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de setembro de 2018

La letrada da Administración de xustiza