Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2018 Páx. 45317

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 552/2017).

DSP despedimento/cesamentos en xeral 552/2017

Procedemento orixe: /

Sobre despedimento

Demandantes: Juan Carlos Lago Fernández

Avogado: Miguel Blanco Pérez

Demandados: Fogasa, Ribeplus Automoción, S.L.U.

Avogado: letrado do Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 552/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Lago Fernández contra Ribeplus Automoción, S.L.U. e o Fogasa sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2018.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social núm. 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 552/2017 sobre despedimento, seguidos por instancia de Juan Carlos Lago Fernández, asistido polo letrado Miguel Blanco Pérez, contra a empresa Ribeplus Automoción, S.L.U.,

Decido

Estimar a demanda formulada por Juan Carlos Lago Fernández contra Riberplus Automoción, S.L.U. e declarar a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza, e condeno a empresa demandada a que lle aboe a cantidade de 2.647,81 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de 53,49 euros/día, así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 11 de decembro de 2017, ata a data desta sentenza, por importe de 14.763,24 euros, todo isto sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Condeno, así mesmo, a empresa aboar á parte demandante a cantidade de 10.358,69 euros como cantidades a deber en concepto de salarios a deber, máis o xuro de mora do 10 % sobre a devandita cantidade.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ribeplus Automoción, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza