Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2018 Páx. 45315

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DOI 218/2018).

DOI despedimento obxectivo individual 218/2018

Procedemento orixe: /

Sobre despedimento

Demandante: Francisco Javier Boo Hermida

Avogado: Esteban Ares García

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Gestio Illahotels, S.L.

Avogado: letrado do Fogasa,

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 218/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Boo Hermida contra o Fondo de Garantía Salarial, Gestio Illahotels, S.L., sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2018.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 218/2018 sobre despedimento, seguidos por instancia de Francisco Javier Boo Hermida, asistido polo letrado Esteban Ares García Xavier, contra a empresa Gestio Illahotels, S.L.

Decido

Estimar parcialmente a demanda formulada por Francisco Javier Boo Hermida contra a empresa Gestio Illahotels, S.L. e declarar a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza, e condeno a empresa demandada a que lle aboe a cantidade de 1.379,61 euros, en concepto de indemnización calculada a razón de euros 41,81/día, así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 9 de febreiro de 2018, ata a data desta sentenza, por importe de 9.030,96 euros, todo isto sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

Condeno, así mesmo, a empresa a aboar á parte demandante a cantidade de 3.107,57 euros como cantidades que se deben en concepto de salarios máis o xuro de mora do 10 % sobre a devandita cantidade.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste Xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal será suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gestio Illahotels, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza