Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2018 Páx. 45319

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (217/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 217/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Francisco Queiruga Rial contra Gestio Illahotels, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2018.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 217/2018 sobre despedimento, seguidos por instancia de José Francisco Queiruga Rial, asistido polo letrado Alfonseo Carballo Jardón, contra Gestio Illahotels, S.L.

Decido.

Estímase a demanda interposta por José Francisco Queiruga Rial contra Gestio Illahotels, S.L., e declárase a improcedencia do despedimento efectuada pola demandada con efectos do 9 de febreiro de 2018 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza a razón de 46,87 euros diarios ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 664,46 euros por despedimento improcedente; todo iso, sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercitarse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que tivese optado entenderase que procede a readmisión.

E igualmente condénaselle á demandada ao pagamento dos honorarios do letrado, que se cuantifican no importe de 200 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia TSXG, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gestio Illahotels, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza