Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Martes, 9 de outubro de 2018 Páx. 45321

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 26 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, polo que notifica o requirimento de acreditación da representación no recurso de alzada RA/DXPN/CMAOT/2017/00166 interposto contra a resolución ditada no procedemento CON-PO-0144/2017.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Fernando Gutiérrez Fernández, en representación de Velatorios de Puentecaldelas, S.L., o requirimento de acreditación da representación relativa ao recurso de alzada RA/DXPN/CMAOT/2017/00166 interposto contra a resolución ditada no procedemento CON-PO-0144/2017.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o interesado poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do mencionado requirimento e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Comunícaselle que, en aplicación do establecido no artigo 119.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non se admitirá a trámite o recurso de alzada presentado de non acreditar a representación.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2018

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio