Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2018 Páx. 44885

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pobra do Caramiñal

APROBACIÓN de inicio do expediente de revisión de oficio do convenio administrativo en materia urbanística do polígono denominado Dr. Lamas e Andrés.

Aprobado o inicio do expediente de revisión de oficio do convenio administrativo en materia urbanística do polígono denominado Dr. Lamas e Andrés, por Acordo do Pleno con data do 26 de xullo de 2018, de conformidade co artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sométese a información pública polo prazo de vinte (20) días, contado desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

A Pobra do Caramiñal, 25 de setembro de 2018

José Luis Piñeiro García
Alcalde