Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2018 Páx. 44886

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato da concesión do servizo asistencial de atención diúrna e atención residencial nos centros de día de Allariz, A Rúa, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia, Maceda e Vilardevós e nos fogares residenciais de Vilar de Barrio e Vilardevós.

Para os efectos dispostos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato:

– Nº de expediente: CGSIB/002/17/XSP-CONC-AD.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio, suxeito a regulación harmonizada.

Denominación do concurso público: concesión do servizo asistencial de atención diúrna e atención residencial nos centros de día de Allariz, A Rúa, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia, Maceda e Vilardevós e nos fogares residenciais de Vilar de Barrio e Vilardevós.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 3.827.397,60 €.

Adxudicataria: Troncoso Casares, S.L.

Data de formalización do contrato: 30.6.2018.

Vantaxes da oferta da adxudicataria: a oferta da adxudicataria foi seleccionada como a máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Para máis información consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, punto perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2018

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar