Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2018 Páx. 44887

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato da concesión do servizo asistencial de atención diúrna e atención residencial nos centros de día de Cuntis, Redondela e Cambados e no fogar residencial de Redondela.

Para os efectos dispostos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato:

– Nº de expediente: CGSIB/001/18/XSP-CONC-AD.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio.

Denominación do concurso público: concesión do servizo asistencial de atención diúrna e atención residencial nos centros de día de Cuntis, Redondela e Cambados e no fogar residencial de Redondela.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 1.511.125,20 €.

Adxudicatarias: UTE Servicios Asistenciales Riazor, S.L. y Atendo Calidade, S.L.

Data de formalización do contrato: 31.8.2018.

Vantaxes da oferta das adxudicatarias: a oferta das adxudicatarias foi seleccionada como a máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Para máis información consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, punto perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2018

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar