Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2018 Páx. 44883

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de agosto de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de desenvolvemento dunha plataforma tecnolóxica de xestión de profesionais con base en competencias, enmarcado dentro do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Economía, Industria e Competitividade para a execución das actividades relacionadas co plan de innovación sanitaria Código 100 mediante financiamento comunitario con Fondos de Desenvolvemento Rexional (Feder), dentro do programa operativo de crecemento intelixente 2014-2020 (POCInt), financiado nun 80 % cos ditos fondos (expediente AB-SER1-18-006).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-18-006.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de desenvolvemento dunha plataforma tecnolóxica de xestión de profesionais con base nas competencias.

c) Lotes (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72200000-7.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

g) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

h) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia núm. 2, do 3 de xaneiro de 2018.

Boletín Oficial del Estado núm. 314, do 27 de decembro de 2017.

Diario Oficial de la Unión Europea núm. 2017/S 244-509615, do 20 de decembro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.495.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 1.495.000 euros. Importe total: 1.808.950 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 26.4.2018.

b) Data de formalización do contrato: 23.5.2018.

c) Contratista: UTE Coremain-Balidea.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 1.470.033,50 euros. Importe total: 1.778.740,52 euros.

Santiago de Compostela, 9 de agosto de 2018

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos

missing image file