Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 4 de outubro de 2018 Páx. 44839

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 324/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 324/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Javier Plasencia Flores contra Avanza Lab Inspección y Control, S.L., Fogasa e administrador concursal de Avanza Lab Inspección y Control, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por José Javier Plasencia Flores contra a entidade Avanza Lab Inspección y Control, S.L. e a administración concursal de Avanza Lab Inspección y Control, S.L., e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o demandante con efectos do 26 de marzo de 2018 e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data do despedimento (26 de marzo de 2018), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Avanza Lab Inspección y Control, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 20.083,75 euros.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Para que sirva de notificación en legal forma a Avanza Lab Inspección y Control, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza