Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2018 Páx. 44539

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1691/2018-M).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1691/2018

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 851/2016. Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: Mutual Midat Cyclops

Avogado: Luis Manuel Rodero Díaz

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Alberto Iglesias Sesar, Soluciones Navales Gallegas, S.L., Montajes Berbés, S.L.

Avogados/as: letrado da Seguridade Social, letrado da Tesouraría da Seguridade Social, Luis Esteban Leyenda Martínez, Eva María Mauricio García

Graduado social: Manuel García González

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1691/2018 desta sección, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Mutual Midat Cyclops, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Alberto Iglesias Sesar, Soluciones Navales Gallegas, S.L. e Montajes Berbés, S.L., sobre accidente, ditouse sentenza con data do 10 de setembro de 2018 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Resolvemos

Desestimando o recurso de suplicación interposto por Mutual Mydat Cyclops contra a sentenza do Xulgado do Social número 5 de Vigo, en xuízo instado pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra a recorrente, a empresa Soluciones Navales Gallegas, S.L., Montajes Berbés, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Alberto Iglesias Sesar, a sala confírmaa plenamente, dando a consignación e depósito o destino regulamentario, condénase a recorrente a aboar ao letrado impugnante do recurso a cantidade de 601 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Alberto Iglesias Sesar, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza