A Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras, de conformidade co establecido no artigo 67 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,
RESOLVE:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, mediante vinculación temporal, por concurso de méritos, as prazas de licenciado sanitario que se relacionan no anexo I da resolución da convocatoria.
Segundo. As solicitudes para participar nesta convocatoria, xunto coa documentación a que se refiren as súas bases, deberanse presentar no Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, sito no Edificio Santa María Nai do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, 3º andar, dirixidas ao xerente de Xestión Integrada, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, poderanse presentar a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Terceiro. As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Ourense, 13 de setembro de 2018
Julio García Comesaña
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras