Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2018 Páx. 44580

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2018, do Servizo Provincial de Ourense, pola que se notifica a folla de valoración fundada da Administración dos predios afectados polas obras do eixe de comunicacións A-52 - fronteira portuguesa, treito V.A.C. A-52 - Celanova sur, coa clave OU/01/101.01.75.1, no termo municipal de Celanova.

Por medio desta resolución notifícaselles aos expropiados que se relacionan no anexo o trámite da folla de valoración fundada da Administración, para os efectos de continuar coa tramitación do procedemento de expropiación forzosa na súa fase de valoración e, de ser o caso, posterior envío deste ao Xurado de Expropiación de Galicia.

Ao abeiro do previsto no artigo 30.2 da Lei de expropiación forzosa, o expropiado dispón dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución, para asinar a folla de valoración fundada, nas dependencias do Servizo Provincial de Ourense, sito na rúa Sáenz Díez, nº 1, 32003 Ourense, ou para presentar as alegacións que xulgue pertinentes e formular a súa folla de valoración fundada.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puideron ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles dos cales se ignore o seu domicilio ou ben a aqueles aos cales, intentada a súa notificación, non se puidese efectuar.

Ourense, 14 de agosto de 2018

Marcos Buide Pollán
Xefe do Servizo Provincial de Ourense

ANEXO

Predio

Letra

Apelidos

Nome

2151

D

Justo Yáñez

Manuela

2228

 

Frias Ledo

Jesús

2563

 

Rodríguez Quintero

José e outros

2599

CO

Taboada García

Hrdos. Ramón

2599

 

Taboada García

Hrdos. Ramón

2607

CO

Taboada García

Hrdos. Ramón

2608

CO

Taboada Fernández

Luis Vicente

2608

 

Taboada Fernández

Luis Vicente

2609

CO

Taboada Fernández

Luis Vicente

2609

 

Taboada Fernández

Luis Vicente