Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2018 Páx. 44582

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2018, do Servizo Provincial de Ourense, pola que se notifica o intento de mutuo acordo dos predios afectados polas obras do eixe de comunicacións A-52 - fronteira portuguesa, treito V.A.C. A-52 - Celanova sur, coa clave OU/01/101.01.75.1, no termo municipal de Celanova.

Por medio desta resolución notifícaselles aos expropiados que se relacionan no anexo o trámite do intento de mutuo acordo para os efectos de continuar coa tramitación do procedemento de expropiación forzosa na súa fase de valoración e, de ser o caso, posterior envío deste ao Xurado de Expropiación de Galicia.

O expropiado dispón dun prazo de quince (15) días, contado desde o seguinte ao da publicación desta resolución, para asinar o prego de aceptación nas dependencias do Servizo Provincial de Ourense, sito na rúa Sáenz Díez, nº 1, 32003 Ourense. En caso de desconformidade coa cantidade ofrecida, e ao abeiro do previsto no artigo 29 da Lei de expropiación forzosa, o expropiado dispón dun prazo de vinte (20) días, contados desde a finalización do prazo de quince (15) días antes citado, para formular a súa folla de valoración fundada.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puideron ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles dos cales se ignore o seu domicilio ou ben a aqueles aos cales, intentada a súa notificación, non se puidese efectuar.

Ourense, 14 de agosto de 2018

Marcos Buide Pollán
Xefe do Servizo Provincial de Ourense

ANEXO

Predio

Apelidos

Nome

2447

Sampedro Villar

Baselisa

3324

Feijoo Casal

Hrdos. Luis