Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2018 Páx. 44583

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de setembro de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública o documento básico de actuacións no Camiño Inglés en Santiago de Compostela. Treito cemiterio-cruzamento de Meixonfrío, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado (clave AC/18/023.06).

Antecedentes:

Con data do 15 de febreiro de 2017 a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia Turismo de Galicia, a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Santiago de Compostela asinaron un protocolo de colaboración para a mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago, en Santiago de Compostela.

Das partes asinantes do protocolo, a Axencia Galega de Infraestruturas, adscrita á Consellería de Infraestruturas e Vivenda, encargaríase da execución material dos traballos que lle correspondan á Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 1 do Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas; e de acordo con encargo recibido o pasado mes de abril de 2017, adxudicáronse os traballos de redacción dos proxectos de construción, así como o control e vixilancia das obras de mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago en Santiago de Compostela, de clave: AC/17/012.10, que se desenvolverá en diferentes fases, e cuxo obxecto é buscar unha visión integral do Camiño de Santiago como fenómeno patrimonial, cultural e territorial único, independentemente dos diferentes itinerarios que conflúen no centro histórico compostelán: o Camiño Inglés, o Camiño Francés, o Camiño da Vía da Prata, o Camiño Portugués e o Camiño de Fisterra.

Este proxecto ten como finalidade acadar unha imaxe identitaria internacional común ao longo do Camiño, concretamente para mellorar a integración do peregrino na entrada da cidade de Santiago de Compostela, facilitando a dita percepción e diminuíndo a tensión de tráfico sobre o Camiño, así como favorecendo a mobilidade peonil nesta área ao priorizar o peregrino sobre o tráfico rodado.

Froito de todo isto, elabórase este documento básico: actuacións no Camiño Inglés en Santiago de Compostela. Treito: cemiterio-cruzamento de Meixonfrío, de clave: AC/18/023.06, cuxo obxecto é reordenar o itinerario do Camiño de Santiago ao seu paso polo Polígono do Tambre, mellorando a visual do peregrino ao longo da traza do camiño.

As principais actuacións que se levarán a cabo serán:

– Ordenación e humanización das seccións viarias.

– Reordenación das zonas de estacionamento.

Por último, o artigo 80 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG do 16.5.2018) determina que a aprobación da delimitación dos Camiños de Santiago levará implícita a declaración de interese social e a de necesidade de ocupación dos bens e adquisición de dereitos para os fins de expropiación forzosa, de ocupación temporal ou de imposición ou modificación de servidumes tanto dos tramos necesarios para a funcionalidade da traza coma dos bens localizados no seu ámbito delimitado necesarios para a conservación, protección ou servizo do Camiño.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar, de acordo co artigo 80 la Lei 5/2016, do patrimonio cultural de Galicia, de interese social, e a de necesidade de ocupación dos bens e adquisición de dereitos contemplados no documento básico: actuacións no Camiño Inglés en Santiago de Compostela. Treito: cemiterio-cruzamento de Meixonfrío, de clave: AC/18/023.06.

Segundo. Sométese ao trámite de información pública, para os efectos previstos nos artigos 18 e seguintes da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, e os concordantes do seu regulamento, a relación de bens e dereitos necesarios para a execución do documento básico: actuacións no Camiño Inglés en Santiago de Compostela. Treito: cemiterio- cruzamento de Meixonfrío, por un período de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña), na Casa do Concello de Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi, praza do Obradoiro, 15705 Santiago de Compostela). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o documento básico completo.

Santiago Compostela, 26 de setembro de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Actuacións no Camiño Inglés en Santiago de Compostela

Treito: cemiterio-cruzamento de Meixonfrío

Clave: AC/18/023.06

Concello de Santiago de Compostela.

Ref. catastral

Titular

Tipo solo 1

Situación solo 1

Tipo solo 2

Situación solo 2

Superficie expropiación (m2)

1

15079A50501158

Herdeiros de Bao Iglesias, Manuel

Solo rústico protección de infraestruturas

Reserva viario

127

2

15079A50501403

Herdeiros de Bao Martínez, José

Solo rústico protección de infraestruturas

Reserva viario

44

3

15079A50501402

Iglesias Blanco, Carmen

Solo rústico protección de infraestruturas

Reserva viario

Solo urbano

Urbanizable industrial

515

4

15079A50501829

Mujico Mata, María Carmen

Solo rústico protección de infraestruturas

Reserva viario

120

5

15079A50501830

Inmobiliaria de Puentes y Calzadas, S.L.

Solo rústico protección de infraestruturas

Reserva viario

119

6

15079A50501530

Mujico Suárez, Francisco

Solo rústico protección de infraestruturas

Reserva viario

169

7

15079A50501531

Herdeiros de Mujico Suárez, José e outros

Solo rústico protección de infraestruturas

Reserva viario

244

8

001001100NH35B

Nieto Gontán, Jesús

Solo rústico protección de infraestruturas

Reserva viario

111

9

001001200NH35B

Otero Regueiro, Dorinda e Peón Otero, Jesús

Solo rústico protección de infraestruturas

Reserva viario

214 m2 aglomerado

10

15079A50500355

Mariño del Río, Manuel

Solo urbanizable delimitado

Zona verde

3.014

11

15079A50510354

Vilar César, José Ramón

Solo urbanizable delimitado

Equipamentos

Solo urbanizable delimitado

Zona verde

2.293

12

15079A50520354

Sabel Vilar, José Antonio e María Luísa

Solo urbanizable delimitado

Equipamentos

2.732

13

002000400NH35B

Concello de Santiago de Compostela e Albia Gestión de Servicios, S.L.

Solo urbanizable delimitado

Equipamentos

0*

14

15079A50501342

Entidad Pública Empresarial de Solo

Solo rústico protección de infraestruturas

Reserva viario

175

15

15079A50501343

González Couselo, Dolores

Solo rústico protección de infraestruturas

Reserva viario

249

16

15079A50501344

Vilar Montero, María de los Dolores del Carmen e outros

Solo rústico protección de infraestruturas

Reserva viario

2.222

17

15079A50501351

Couso Vázquez, Manuel

Solo rústico protección de infraestruturas

Reserva viario

1.583

18

15079A50511352

Salgado Viqueira, María Dolores

Solo rústico protección de infraestruturas

Reserva viario

458

19

15079A50521352

Salgado Viqueira, María Dolores e Suárez Salgado, Manuel Ángel

Solo rústico protección de infraestruturas

Reserva viario

1.491

20

15079A50531352

Salgado Viqueira, María Dolores e outros

Solo rústico protección de infraestruturas

Reserva viario

330