Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 2 de outubro de 2018 Páx. 44579

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2018, do Servizo Provincial de Ourense, pola que se acorda o pagamento dos prezos xustos do Xurado de Expropiación de Galicia e xuros de demora do eixe de comunicacións A-52 - fronteira portuguesa, treito V.A.C. A-52 - Celanova sur, OU/01/101.01.75.1, nos concellos de San Cibrao das Viñas, A Merca e Celanova.

En cumprimento do artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, acordo realizar o pagamento mediante transferencia bancaria dos prezos xustos de Xurado e xuros de demora. As persoas interesadas deberán achegar, no prazo de quince (15) días, un certificado orixinal da titularidade da conta bancaria na cal figure o número de conta (IBAN) e o conxunto de todos os titulares do terreo expropiado.

No suposto de non se ter xuntado, consignarase o importe do prezo xusto na Caixa Xeral de Depósitos.

A relación de predios que cómpre aboar e de titulares afectados estará publicada no taboleiro de editos dos concellos afectados.

Conforme establece o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado servirá como notificación aos posibles interesados que non puideron ser identificados, aos titulares de bens e dereitos que sexan descoñecidos, a aqueles dos cales se ignore o seu domicilio ou ben a aqueles aos cales, intentada a súa notificación, non se puidese efectuar.

Ourense, 10 de agosto de 2018

Marcos Buide Pollán
Xefe do Servizo Provincial de Ourense