O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 12 de xullo de 2018, resolución pola que se impón unha cuarta multa coercitiva como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 2.5.2013, 12.5.2014, 17.12.2014 e 20.7.2017, nas cales se declaran ilegalizables as obras consistentes na ampliación dunha segunda planta e cuberta sobre unha edificación destinada a vivenda unifamiliar, no lugar de Casaldálvaro-Valongo, no termo municipal de Cortegada, provincia de Ourense, por seren incompatibles co ordenamento xurídico vixente, e se ordena a súa demolición.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Elvira Piño Núñez e a Serena Álvarez Piño, mediante a presente cédula e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícase aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2018
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística