De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo a cal esta notificación ten que ser feita no BOE, cuxa data de publicación será a que determine a eficacia do acto notificado.
O acto foi adoptado pola xefa territorial.
A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, Edificio Administrativo Monelos, 3º andar, ala sur (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 19 de setembro de 2018
Mónica López López
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
Denunciada |
Acto de notificación |
MON-CO-0269-2018 DIS |
Mª Carmen Gómez García |
Iniciación |
MON-CO-0283-2018 DIS |
María Aurea Ríos Gómez |
Iniciación |
MON-CO-0284-2018 DIS |
Saladina Sánchez Blanco |
Iniciación |
MON-CO-0285- 2018 DIS |
María Sánchez Pérez |
Iniciación |