Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2018 Páx. 44163

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 272/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 272/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Dolores González Loureiro contra Innovis Laboratorios, S.L., Novocat Farma, S.A. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Resolución:

Estímase parcialmente a demanda interposta por María Dolores González Loureiro contra Innovis Laboratorios, S.L. e declárase a improcedencia do despedimento efectuada pola demandada con efectos do 19 de marzo de 2018 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Innovis Laboratorios, S.L. a que readmita a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza, a razón de 47,33 euros diarios ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral, con aboamento á demandante da indemnización de 8.590,09 euros por despedimento improcedente.

A opción do empresario entre a readmisión da traballadora ou a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de cinco días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

Desestímase a demanda contra a empresa Novocat Farma, S.A., que absolvo de todos os pedimentos contra ela solicitados.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Novocat Farma, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza