Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2018 Páx. 44165

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 535/2013, do 27 de xuño de 2013, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 27 de xuño de 2013, pronunciou a Sentenza 535/2013, ditada no procedemento ordinario nº 4022/2012, interposto por Gabriel Piñeiro Costa, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos en parte o recurso contencioso-administrativo interposto por Gabriel Piñeiro Costa, contra a Orde do 13.7.2011, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se deu aprobación definitiva parcial ao Plan xeral de ordenación municipal de Moaña, e anulámola no que se refire á asignación da Ordenanza 2 ás parcelas do demandante sitas no lugar de Moureira-Meira, identificadas no feito segundo da demanda; e declaramos que deben aplicárselles as determinacións que resultan da aceptación polo Pleno do Concello o 21.5.2007 da alegación nº 312. No demais, desestimamos o recurso. Non se fai imposicións das custas do recurso».

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2018

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo