Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2018 Páx. 44144

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Orde do 29 de maio de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán as subvencións destinadas a confederacións, federacións e ás entidades de iniciativa social non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (código de procedemento BS614A).

A Consellería de Política Social convocou para os anos 2018 e 2019, a través da Orde do 29 de maio de 2018 (DOG núm. 110, do 11 de xuño), axudas para a realización de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade para a promoción da igualdade de oportunidades proporcionando apoio a necesidades educativas especiais derivadas da discapacidade que faciliten a plena integración nos sistemas de educación ou formación, así como a adquisición de formación prelaboral e de habilidades para o desenvolvemento de actividades da vida cotiá que permitan unha preparación para unha futura inserción sociolaboral.

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian estas axudas ten un cofinanciamento do 80 % do Fondo Social Europeo no marco do programa operativo 2014-2020.

O prazo e a forma de presentación de solicitudes están regulados no artigo 8 da Orde do 29 de maio de 2018 e no artigo 9 determínase a documentación que se deberá xuntar coa solicitude.

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde de convocatoria polo órgano encargado da instrución do procedemento, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado, ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

Segundo establece o artigo 14 da Orde do 29 de maio de 2018 e de conformidade co previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación do expediente requirirá a entidade solicitante para que, no prazo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa petición, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e consonte o indicado no artigo 45 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, e tal como sinala o artigo 13 da Orde do 29 de maio de 2018, os requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os efectos da notificación.

De acordo co establecido no artigo 14.7 da Orde do 29 de maio de 2018, todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados de xeito electrónico a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

Segundo. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. De non o facer, teranse por desistidas na súa petición, logo de resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Terceiro. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Subdirección Xeral de Recursos Económicos a través da conta de correo xestion.politicasocial@xunta.gal.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2018

Fabiola García Martínez
Directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO

Número de expediente

Solicitante

CIF

Documentación requirida

BS614A/2018-07.01

CENSEA

G70529920

Acreditación da súa inclusión dentro do ámbito da discapacidade no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Política Social.

Cubrir na súa totalidade o anexo III no referente aos custos económicos do proxecto presentado.

Certificación do persoal referido no anexo III, de acordo co modelo publicado na páxina web (http://politicasocial.xunta.gal/web/portal/portada-de-discapacidade) da Consellería de Política Social.

Cronograma de execución do proxecto.