Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 1 de outubro de 2018 Páx. 44147

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2018 pola que se publican os convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre de 2018.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícase a relación dos convenios de colaboración que asinou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no segundo cuadrimestre de 2018, que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2018

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data de sinatura

Achega

Consellería do Medio Rural e Agader

Exercicio das competencias das dúas entidades

2.5.2018

Sen achega

Axencia Turismo de Galicia, Asociación Galega de Actividades Náuticas e Agader

Desenvolvemento dos proxectos Ecodestin_3in e Capiten

27.7.2018

15.000 €

Axencia Turismo de Galicia, Asociación para a Promoción Territorial Montañas do Courel e Agader

Difusión, promoción e divulgación da candidatura a Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel e dos recursos que forman parte dela

18.7.2018

10.000 €

Vicepresidencia e consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Axencia Turismo de Galicia, Secretaría Xeral de Presidencia, Concello de Salvaterra de Miño e Agader

Execución e desenvolvemento do proxecto museístico do Museo de Enoloxía do Condado do Tea

3.8.2018

95.000 €

Concello de Riotorto e Agader

Humanización da área recreativa de Ferreiravella

27.8.2018

40.000 €

Concello de Agolada e Agader

Rehabilitación de pendello para cociña tradicional

27.8.2018

40.000 €

Concello de Folgoso do Courel, Asociación Souto Doutrolado e Agader

Proxecto de recuperación de soutos tradicionais no concello de Folgoso do Courel para estender os resultados dese proxecto ao conxunto do territorio galego

31.8.2018

Sen achega

Concello de Folgoso do Courel, Asociación Agrupación de Propietarios Particulares Souto Rego da Brancha Moreda e Agader

Proxecto de recuperación de soutos tradicionais no concello de Folgoso do Courel para estender os resultados dese proxecto ao conxunto do territorio galego

31.8.2018

Sen achega