Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2018 Páx. 43421

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a contratación en dous lotes, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, da concesión de servizos de dúas cafetarías escolares desta consellería durante o curso 2018/19.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para obter a información:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. As consultas relacionadas cos pregos dirixiranse ao Servizo de Xestión de Comedores Escolares dos Centros Docentes non Universitarios.

Para dúbidas relacionadas cos pregos, condicións xerais da contratación e adxudicación nos teléfonos 881 99 51 88/981 54 44 61 e fax 981 54 54 43.

2º. As consultas relacionadas co desenvolvemento da licitación dirixiranse á xefatura territorial correspondente, para as dúbidas relacionadas coa recepción das ofertas e o desenvolvemento das mesas de contratación.

A Coruña: telefono: 981 18 47 45/981 18 47 30. Fax: 981 18 46 29.

Pontevedra: telefono: 986 80 59 05/986 80 59 06. Fax: 986 80 59 37.

As consultas relacionadas coa situación e características das instalacións das cafetarías dirixiranse a cada un dos centros educativos.

3º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=393101.

4º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día do prazo de presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: concesión de servizos públicos.

b) Descrición: concesión de cafetarías escolares.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: dous (2) lotes, definidos no anexo V do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP), correspondentes aos IES A Sardiñeira (A Coruña) e Pedra da Auga (Ponteareas).

d) Lugares de execución: definidos no anexo V do PCAP.

e) Prazo de execución: desde o seu asinamento ata o remate do curso escolar 2018/19.

f) Admisión de prórroga: poderanse prorrogar ata o remate do curso escolar 2019/20.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto multicriterio.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 11 do PCAP.

4. Orzamento da licitación. Importe neto: esta licitación non supón custo económico para a Consellería, segundo se describe na cláusula 5 do PCAP.

5. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: non.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e solvencia técnica: as especificadas na cláusula 7 do PCAP.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión das proposicións terminará o vixésimo sexto día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no perfil do contratante. Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama ou fax, segundo se detalla na cláusula 8.1 do PCAP.

b) Lugar de presentación:

Segundo se detalla na cláusula 8.1 do PCAP.

8. Apertura dos sobres B:

Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=393101, con dous (2) días hábiles de antelación ao da realización do acto público de apertura do sobre B. Se por algún motivo ten que se modificar a data e a hora do acto público de apertura do sobre B, a nova data publicarase no perfil do contratante https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=393101.

9. Gastos de publicidade: serán por conta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

10. Outros. Condición especial de execución: de conformidade co establecido no número 14.1 do PCAP.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2018

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria