Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2018 Páx. 43419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 10 de setembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica a varios interesados da solicitude de declaración de utilidade pública do parque eólico Serra do Punago Vacariza (expediente LU-11/139-EOL).

A empresa Fenosa Wind, S.L., solicitou a declaración de utilidade pública para as instalacións do parque eólico Serra do Punago-Vacariza, sito nos concellos de Castroverde, Baleira e Baralla (Lugo).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, andar 4º, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Predio do proxecto nº

Concello

Polígono

Parcela

Titular

72

Castroverde

148

132

Descoñecido

74

Castroverde

148

138

Descoñecido

45

Baleira

67

93

Descoñecido

68

Castroverde

143

365

José Manuel Fernández Neira

70

Castroverde

143

365

José Manuel Fernández Neira

38

Castroverde

142

77

Mª Carmen Fernández Neira

17

Castroverde

94

32

José Fernández Carballido

73

Castroverde

148

174

Videlina Pereira Prieto