Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 25 de setembro de 2018 Páx. 43424

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de setembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 7 de setembro de 2018 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 186 (recinto 2), 226 e 227 do polígono 115 do termo municipal de Outeiro de Rei.

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante a Resolución do 7 de setembro de 2018, o cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 186 (recinto 2), 226 e 227 do polígono 115 do termo municipal de Outeiro de Rei (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data do 8 de agosto de 2018.

Lugo, 10 de setembro de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo