Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2018 Páx. 42982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 29 de agosto de 2018 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no acordo de inicio do procedemento de reintegro dos expedientes 807/15/2015/110031-806/15/2015/110031-801/15/2015/110031-802/15/2015/110031.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo a cal esta notificación ten que ser realizada no BOE, e a súa data de publicación será a que determina a eficacia do acto notificado, logo de ser intentada sen éxito a notificación a Joaquín García Resua nos intentos practicados no seu enderezo, comunicámoslle que o 15 de xuño de 2018 resolveuse iniciar o procedemento de reintegro do importe da penalización imposta por incumprimento da condicionalidade nos expedientes 807/15/2015/110031-806/15/2015/110031-801/15/2015/110031-802/15/2015/110031 pola cantidade de 4.251,29 €.

De encontrar conforme o acordo de inicio do procedemento de reintegro, pode vostede efectuar o pagamento da débeda mediante transferencia á conta corrente da entidade financeira Abanca núm. ES72 2080 5355 6531 1004 2831, dentro dos seguintes prazos (artigo 62 da Lei xeral tributaria):

a) Se esta publicación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a dita data ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

b) Se esta publicación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a dita data ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte.

Se o interesado realiza o pagamento, rematará o procedemento de reintegro sen necesidade de realizar ningunha notificación posterior.

Contra o acordo de inicio do procedemento de reintegro dos expedientes de referencia, a persoa interesada dispón dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación, para formular as alegacións e presentar a documentación que xulgue conveniente ao seu dereito ante a Secretaría deste organismo.

O expediente atópase, en todo caso, á disposición do interesado no Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2018

Belén María do Campo Piñeiro
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente: 807/15/2015/110031-806/15/2015/110031-801/15/2015/110031- 802/15/2015/110031.

Interesado: Joaquín García Resua.

Acto de notificación: acordo de inicio de procedemento de reintegro dos expedientes 807/15/2015/110031-806/15/2015/110031-801/15/2015/110031-802/15/2015/110031.

Último enderezo coñecido: Graña, 7, Cures. 15937 Boiro (A Coruña).