Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2018 Páx. 42981

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 21 de agosto de 2018, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no procedemento para a imposición de multa coercitiva ditada no expediente sancionador en materia de estradas coa clave 140/15.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica en expediente sancionador en materia de estradas (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia), logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecida a persoa destinataria ou porque, unha vez intentada, non se puido efectuar a notificación.

Segundo se establece no artigo 61 da citada lei, a dita persoa interesada disporá dun prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para comparecer na sede deste servizo da Delegación Provincial da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (avenida María Victoria Moreno, 43-1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra), se desexa examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 21 de agosto de 2018

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Precepto infrinxido

Estrada

140/15

Área de Servicio de Placeres, S.L.

Multa coercitiva

61.2.b)

PO-546, Pontevedra-Marín