Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Xoves, 20 de setembro de 2018 Páx. 42984

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato de obras consistente na construción dun edificio de corenta vivendas de promoción pública, garaxes, rochos e locais comerciais na parcela Z-11, sector 10, do Parque Ofimático da Coruña (expediente C-2015/010).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construción dun edificio de corenta (40) vivendas de promoción pública, garaxes, rochos e locais comerciais na parcela Z-11, sector 10, do Parque Ofimático da Coruña.

b) Prazo de execución: vinte e catro (24) meses, que terá en todo caso carácter de prazo máximo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: catro millóns novecentos oitenta e nove mil vinte e sete euros con oitenta céntimos (4.989.027,80 €), IVE excluído.

b) IVE (10 %): catrocentos noventa e oito mil novecentos dous euros con setenta e oito céntimos (498.902,78 €).

c) Importe total: cinco millóns catrocentos oitenta e sete mil novecentos trinta euros con cincuenta e oito euros (5.487.930,58 €).

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 20 de agosto de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 3 de setembro de 2018.

c) Contratista: UTE Construcciones Orega, S.L.-Avan Integral, S.L.

d) Importe de adxudicación: catro millóns cincocentos vinte e tres mil cincocentos cincuenta e un euros con cincuenta e un céntimos (4.523.551,51 €).

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen o procedemento.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo